Leonardo E Os Fontaneiros

Autor:
María Victoria Moreno María Victoria Moreno/Carme Peris
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491510789
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
189
Formato
Rústica
12,20€

Antón e o seu can Leonardo protagonizan unha historia para todas as idades. É unha narración que se publicou por primeira vez no ano 1986 e que desde entón se convertiu nun dos libros máis buscados por pequenos e grandes, pois aínda que foi escrito pensando en lectores de doce anos, ó final, como sucede con toda literatura de calidade, acabou sendo unha obra para todos. Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can polo tanto carece de apelidos. Ó longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.