Lica

Autor:
Beatriz Fraga Cameán
Editorial:
Fundación Euseino?
ISBN
9788494562150
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
54
Formato
Cartoné
15,00€

Escrito e ilustrado por Beatriz Fraga, a historia deste álbum está contada a través dos círculos, triángulos, rectas e curvas que dan forma á personaxe protagonista. Páxina a páxina, nun xogo con quen le, Lica xorde á vida a través da combinación das figuras. As ilustracións están inspiradas na arte abstracta para salientar as cores, as liñas e os puntos nunha composición dinámica co mesmo senso lúdico e táctil dos móbiles do escultor Alexander Calder. Coma nunha adiviña feita de imaxes, o libro convida a descubrir formas que recrean o mundo a través dos seus elementos básicos. Con sinxeleza de páxina e recursos textuais directos, axuda a afastarse dos estereotipos asociados ás cores para observar dunha maneira diferente o que nos rodea. A autora sérvese da sorpresa e a admiración perante a arte para provocar a reflexión, estimular o pensamento e o pracer dos sentidos.