Linguaxes Dixitais

Autor:
Clara Vidal
Editorial:
Editora Urutau
ISBN
9788571050464
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
50
Formato
Rústica
12,00€

«Hai un dobre sentido en todo / o que me roza os labios». É así como fica aberta a porta de dobre folla que permite a entrada a Linguaxes dixitais, o primeiro poemario de Clara Vidal (A Coruña, 1992). Un conxunto de textos que se bifurca en dous corpos de poemas do mesmo xeito con que o trazo da lingua bífida se divide. Desde o equívoco á polisemia, a linguaxe das xemas convértese en algo táctil mais tamén comestible e que ten que ver co agro e co leito, unha serie de tese e antítese que bambea o poemario dun lado ao outro no elástico equilibrio da lingua. Porque nomear cada obxecto é metelo na boca e posuílo dun xeito total e primixenio, como se estes versos estivesen escritos coa lingua física, o órgano, a musculatura toda da boca, en exercicios de ximnasia e forza poética de nivel superior». Isto escribe Emma Pedreira sobre Linguaxes Dixitais, o poemario de Clara Vidal.