Lista De Espera

Autor:
Xoan Piñeiro
Editorial:
Francka Editora
ISBN
9788493257521
Idioma
Gallego
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
11,00€

Sinopse A obra foi gañadora da segunda edición do Premio de Creación Literaria "Terra de Melide". E libros como Lista de espera agradécense. Pois non nos amolan cun afán pesado de exhibir coñecementos ou unha bagaxe cultural pseudoimpresionante. O autor deste libro sobreentende que un dos seus deberes é facer que unha lectora ou un lector pase un tempo agradable e non se aburra. Parece obvio, pero non o é. Os sete relatos cos seus protagonistas de diferentes estamentos sociais —xubilada, caixeira, estudiante, xornalista, médica, funcionario, etc.— falan das pequenas guerras e alegrías da vida cotiá e xiran dunha maneira ou doutra ao redor do fenómeno da espera. ¿Non é a existencia acaso unha espera? Pode ser, ¿pero daquela quen fixo as listas de espera? Se a nosa vida ten fin, ¿é por unha chapuza do máis alá? ¿Ou é por alguén que non está onde deberías, sen facer nin deixar facer? Moitas veces queren vendernos como destino o que é obra dun ser humano ou como inevitable o que se pode cambiar —se se quere—. Pero logo hai casos onde os seres humanos realmente chegan ao seu límite. Cómpre abrir ben os ollos para non se enganar —nin deixarse enganar—. O mosaico destes relatos reúne o divertimento co blues, a denuncia social coa burla. Son comedias humanas non exentas de desastres, con personaxes cotiáns que nalgún momento crucial se atopan ante unha instancia superior —ou non—. Todo narrado con retranca e unha lingua ao ritmo do corazón galego. Para facernos máis levadeira a espera...