Loaira

Autor:
ww,aa
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484876298
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
29,95€

Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S.XX, en que Anxo A.Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento de forma qun que vivimos -ou non damos vivido- a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire -en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros- unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal toma un texto tradicionalmente considerado dificil dunha novela fascinante,a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.