Luar Na Lubre Xx-Encrucillada (Libro-Disco)

Autor:
Luar Na Lubre
Editorial:
Baía Edicións
ISBN
9788499954240
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
34,00€

Este libro-disco é o resultado de máis de setenta colaboracións doutras tantas persoas pertencentes ao mundo da música, da literatura, do periodismo, da ilustración..., colaboracións que enchen de orgullo e agradecen inmensamente todas e todos os compoñentes de Luar Na Lubre, con Bieito Romero á batuta. Valoran dun xeito moi especial tanto esforzo e paciencia achegados durante este proceso de creación e, ao mesmo tempo, desexan que resultase gratificante esta esperanzadora “encrucillada” de proxecto compartido.

***

"Luar Na Lubre XX – Encrucillada" é o vixésimo traballo discográfico de Luar Na Lubre, por unha banda, agasallo para o seu público na forma de libro (divulgativo do seu percorrido de case corenta anos na historia da música folk na Galiza) – CD (integrado por dezaséis temas) e, por outra, un emocionante e agradecido encontro con amigas e amigos nese cruzamento de múltiples camiños no que Galiza e Luar Na Lubre se unen a distintas e complementares expresións culturais.