M-Talá

Autor:
Chus Pato
Editorial:
Fundación Euseino?
ISBN
9788412158038
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
233
Formato
Rústica
17,00€

Denominada Edición do Vixésimo Aniversario, esta edición inclúese nun volume extra polo seu carácter de celebración e, sobre todo, polo significado singular que este poemario tivo tanto respecto da obra ata aquel momento publicada pola poeta coma pola forma en que foi recibido, recepción que outorgou a condición de feito extraordinario a esta obra. Trátase dunha nova edición, realizada por Carlos Lema, na que se corrixe, revisa e actualiza a publicada hai vinte anos. O libro está organizado en dúas partes, o poemario propiamente dito e os anexos, formados por seccións nas que se reúnen dedicatorias, testemuños, estudos críticos, variantes, versións e documentos, antoloxías e traducións da obra. Nesta última parte, incluíuse unha selección de entrevistas e artigos publicados arredor do poemario, ademais das variantes existentes respecto da primeira edición. Coa supervisión da autora, danse versións precedentes dalgúns dos poemas encontradas nos cadernos de notas que forman parte do Fondo Chus Pato depositado no arquivo da Fundación Euseino?