Suso De Toro

Imagen de Caixón Desastre

Caixón Desastre

Sinopse Éche coma con todo, na política éche coma con todo. Ou che gusta unha cousa ou non che gusta. E se che gusta unha cousa ben, pero se non che gusta máis val deixar o sitio e que se poña outro, porque senón non hai maneira.
Imagen de Home Sen Nome

Home Sen Nome

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía (...)
Imagen de Calzados Lola

Calzados Lola

Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta. En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a (...)
Imagen de Círculo

Círculo

Círculo representa o retorno de Nano, un personaxe que naceu por azar do cruce da referencia culta de Samuel Beckett e un tipo de barrio, ese parvo lúcido que coa súa mirada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da nosa existencia.
Imagen de Ambulancia

Ambulancia

Sinopse Ambulancia é unha novela negra e redonda, que unha vez rematada deixa moi bo sabor de boca. Suso de Toro non só consegue unha novela negra senón tamén unha certa epopea urbana. (Vicente Araguas, Leer, Madrid). As pantasmas da cidade e as súas paixóns circulan por ambulancia como formas (...)
Imagen de Non Volvas: Filla Da Madrugada

Non Volvas: Filla Da Madrugada

Sinopse Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ó lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, (...)
Imagen de A Carreira Do Salmón

A Carreira Do Salmón

A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar como unha condena. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustación, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última (...)
Imagen de Trece Badaladas

Trece Badaladas

A vida dunha escritora de guións transcorre sen novidade ata que se entrevista co director dunha produtora para intentar venderlle un proxecto cinematográfico baseado nunha antiga lenda compostelá. A sombra dun mal incerto e arrepiante se cerne sobre ambos cando o rico e exitoso produtor descobre (...)
Anterior 1 2 3