Editorial Galaxia, S.A.

Cable Inglés, O
Sinopse
O cable inglés é o primeiro libro de Xosé Antonio Moreno. Son oito relatos que destacan polo súa boa contrucción argumental e polo seu claro empeño en narrar historias actuais, capaces de implicar ao lector de hoxe.
Temas Narrativa/Ficción Gal

Xente De Mala Morte
Oito relatos curtos que falan da vida e da morte, de mala vida e de mala morte, Personaxes solitarios, nacidos da experiencia cotiá e abocados a enfrontarse con situacións límite ante as que o silencio final parece a solución máis digna.
Temas Narrativa/Ficción Gal

Tres Historias Para Ler Á Noite
Paco Martín ofrece neste libro unhas narracións nas que a irrupción do estraño e o arrepiante en situacións aparentemente ordinarias impón a súa lei. Unha crecente sensación de ameaza, a intelixente disposición dos feitos e unha poderosa imaxinación presiden o desenvolvemento destes contos de medo (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal

Silencio Redimido, O
Silvio Santiago realizou neste libro unha crónica novelada dunha parte moi importante da súa vida e dos galegos e españois que viviron a contenda civil. Publicada logo da morte do seu autor, esta novela obtivo un gran éxito por parte dos lectores, así como o Premio da Crítica.
Temas Narrativa/Ficción Gal

Loaira
Esta novela de lectura independente está intimamente emparentada con Dos anxos e dos mortos, pois os seus protagonistas son os mesmos. O erotismo, a política, a arte e a vida enteira, coa súa irredutible complexidade, aparecen agora contempladas desde a perspectiva da madurez nunha visión (...)
Temas Narrativa/Ficción Gal