Manhattan Transfer

Autor:
John Dos Passos
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478244690
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
492
Formato
Rústica
12,00€

Sinopse New York de fondo, vidas cruzadas nunha cidade hostil, hipócrita e traizoeira baixo a mirada atenta da Estatua da Liberdade. O soño americano dunha multitude de personaxes mergullados na corrupción e miseria dunha metrópole deshumanizada que os asfixia ata a desesperación e o suicidio. Amor e paixón, vida e morte cunha ventá aberta á esperanza. A cidade de New York retratada por John dos Passos está marcada polo materialismo e pola sede de éxito e poder dos seus habitantes. O afán de superación e a loita constante por sobrevivir dos protagonistas da novela activan a complicidade do lector, que se sente dende as primeiras páxinas partícipe das súas vida e atrapado polos seus destinos. Jimmy Herf, Ellen Thatcher, Fifi Waters, Congo, Joe Harland e outros moitos conforman un mosaico de vidas que teñen en común a cidade que os acolle. A técnica innovadora coa que está construída esta novela coral, resultante do emprego de recursos cinematográficos, monólogos interiores, fragmentos de cancións populares e anuncios e recortes de prensa, redunda na orixinalidade dunha obra que supuxo un acontecemento literario no seu día e que continúa vixente hogano. Cun gran realismo e unha fonda emoción, reflicte a dura e ás veces tráxica vida dos emigrantes que chegan cargados de esperanzas a un país de destino onde a realidade non é como imaxinaran