Manuel Antonio

Autor
Xosé Luís Axeitos
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491211884
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
Colección
Rustica
22,95€

Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta. Esa foi a consecuencia lóxica da súa firme vontade de querer ser escritor, un anhelo que atravesou e anoou a vida e a obra do rianxeiro. O título desta biografía quere ser metáfora dun camiño de risco ?a rebeldía? para ir na procura da maior liberdade posible: Manuel Antonio elixe unha opción política minoritaria ?o nacionalismo das Irmandades? cando a tradición familiar lle podería reservar un lugar de privilexio nas ringleiras dos poderosos partidos «turnantes». E aspira, perigosamente, a un lector laborioso e esforzado intelectualmente, porque deste xeito poderá ofrecerlle textos onde non falten as dificultades e os procedementos experimentais ?léxicos, rítmicos, gráficos e tipográficos? que un escritor ambicioso poida propoñer. Deste xeito, liberado da crítica e do lector tradicional instalado na estética dominante, Manuel Antonio camiña sen reservas polo vieiro experimental e innovador. En liberdade