Marcha Fúnebre Para Un Monicreque

Autor:
Roi Vidal
Editorial:
Baía Edicións
ISBN
9788499952208
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
39
Formato
Rústica
5,00€

Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade adultos (AGADIC). Co-edición con AGADIC. Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que mediante a linguaxe da farsa mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.