Martín Codax E Os Xograres Do Mar De Vigo

Autor:
Xosé Ramón Pena Ro/Ana Iglesias Álvarez/Xosé Manuel Moo Pedrosa/Xosé Ramón Pena Sánchez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491212904
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
13,95€

A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do noso país. Unha herdanza e unha crónica, ademais, que permanecen absolutamente vivas, na medida en que un bo número daqueles textos que compuxeron trobadores e xograres dá cumprida noticia de episodios, temáticas e lugares –velaí a ría de Vigo, a illa de San Simón.– que forman parte do noso devir cotián. Redactado con rigor e amenidade, " Martín Codax e os xograres do mar de Vigo " artéllase así como unha ferramenta especialmente axeitada para viaxarmos cara a aquela xeira en que os poetas de noso souberon compoñer cantares de amor, de amigo e tamén de burlas e ironías que seguen propiciando a atención máis activa. Cantigas e versos que non caducan.