Medios E Políticos, Baixo Sospeita (1990-2023)

Autor:
Luís Álvarez Pousa
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484876397
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
34,95€

A industria da información ten en Internet o aliado perfecto contra o que nun pasado recente facía dos medios de comunicación un contrapoder ao servizo da verdade. E da democracia. Os xigantes tecnolóxicos que dominan o espazo da información pública, como é o caso de Google, Facebook, Amazon ou Twitter, fan circular ininterrompidamente información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsumani, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices- réndense ao sensacionalismo e deixan de preocuparse por interpretar o mundo. O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do noso máis próximo sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos útlimos 33 anos a súa bagaxe contextual.