Melancoholemia. Vida De Mamarracho - Gal

Autor:
Antón Reixa
Editorial:
Faktoria K De Libros, S.A.
ISBN
9788416721641
Idioma
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
14,00€

Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego?