Melpómene Entre Nós

Autor:
LAURA ROMERO IRIA PEDREIRA
Editorial:
Editotrial Laiovento
ISBN
9788484876250
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
29,95€

O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda que penetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máis destacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI. "Melpómene entre nós" é un ensaio que afonda nas poliformas reinterpretacións da tradición clásica a través da ollada dos nosos dramaturgos, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta de textos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que busca reivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.