Memorias Dun Neno Labrego- Cartoné

Autor:
Neira Vilas
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498653465
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
100
Formato
Cartoné
20,50€

Edición conmemorativa dos 50 anos da publicación deste libro, ilustrada polo debuxante Xaquín Marín. Memorias dun neno labrego, primeiro título en prosa do autor, saíu publicado con data de xaneiro de 1961. Nesta nova edición reprodúcese o limiar ou proemio que Xesús Alonso Montero escribiu para a vixésima edición, no ano 1999. Durante moitos anos, esta obra foi case que o único texto de iniciación á lectura en galego, antes de que a lingua estivese recoñecida nos programas de estudo e nos currículos escolares. As Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, é un dos grandes títulos populares, acollidos e recoñecidos polo pobo, polo conxunto da sociedade, que os fixo seus e soubo ler neles o discurso do seu tempo.