Mesteres

Autor:
Arcadio López-Casanova
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483024126
Idioma
Nº de páginas
144
Formato
Rústica
16,85€

Sinopse Arcadio López-Casanova, poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan os seus títulos poéticos Liturxia do corpo ou Noite de degaro, entre outros. Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, reedita agora Mesteres, poemario que constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente. A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, e preparada por Román Raña, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados. Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.