Metafísica Da Ausencia

Autor:
Marcus Daniel Cabada
Editorial:
Editora Urutau
ISBN
9788571050532
Idioma
Gallego
Publicado
2019
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
12,00€

Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia. Ao final, a ausencia é o todo, que é o mesmo que a nada, o que nos devolve á partida entre “Alguén” e “Ninguén” co escenario dun horizonte gris que paraliza todo argumento estético e que activa aos reporteiros que transmiten para nós ese enfrontamento coas cartas marcadas entre ese traizoeiro “Alguén” e ese ferido “Ninguén”. O autor tenta establecer unhas regras para a partida e recorre á memoria, a cal se amosa como un xuíz que “anda” e “ desanda” os versos e que constrúe unha distancia que leva aos recordos e ao silencio. Alí é onde as flores exercen de reporteiras e de rastreadoras das ausencias, dos recordos e das presenzas. A flora completa unha fraga aturuxada pola noite que fai de beira para un novo mar, que leva á ourela cunchas de odio e de amor, que nos axudan a crecer e a espallar sobre os nosos pés area para construír o noso camiño. O poemario sitúa a “Ninguén” vinculado á palabra, á nostalxia e plastifícao “enfronteirado” co soño e a consciencia. E presenta a “Alguén” como un espello para o “Ninguén”, que cociñan un universo de palabras sonoras. Ao final todo nos leva a un fin. É a nudez dos individuos que se sitúan fronte ao destino.