Meteoro Imantado

Autor:
Noa Moreira
Editorial:
Editora Urutau
ISBN
9788571051126
Idioma
Publicado
2019
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
12,00€

Eu entro neste libro de Noa Moreira coma quen atravesa un cuarto propio, íntimo, un faiado que se abre por vez primeira, ateigado de soños delicadísimos, a piques de se esfarelar ao contacto do ar. Unha inmensa delicadeza que agocha unha forza cósmica, e unha forza cósmica que agocha unha inmensa fraxilidade. Perfecto espello da natureza humana, com plexa, poliédrica, sutil e bárbara a un tempo. Eu entro neste libro coma quen vai bicar un furacán e sabe que o corazón non sairá indemne, porque sempre a poesía, cando é verdadeira, transfórmanos ao seu paso.