Mexillóns Para Cear

Autor:
Birgit Vanderbeke
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866076
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
100
Formato
Rústica
14,00€

Sinopse A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. Mais pouco e pouco comprenden que esa noite non vai ser coma as de sempre, pois pasan as horas e o pai non dá chegado. Cun monólogo de longas frases en espiral, invitación continua a ler entre liñas, Vanderbeke presenta un retrato de familia que na súa brevidade lle regala ao lector a posibilidade de emprender múltiples interpretacións, desde a reflexión estética á denuncia política, pasando polo estudo psicolóxico e social.