MIL Ríos

Autor:
Fran Herbello Manuel Sendon
Editorial:
Centro De Estudios Fotograficos
ISBN
9788487882395
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Formato
Rústica
28,00€

Sinopse En MIL RÍOS o importante é a experiencia do río, as fotografía son parte desa experiencia, as gráficas a súa pegada e as bitácoras, o blog e as exposicións, a súa representación. Durante moitos anos, o coñecemento directo proporcionado polas expedicións, as viaxes ou as excursións, constituíu case o único modo de achegarse ao territorio. Este coñecemento directo deu pronto pe á creación de crónicas escritas e incluso guías e mapas. Mais, foi na época contemporánea cando, o progresivo e rápido avance da técnica provocou que esa experiencia fose substituída pola fotografía, o cine, a televisión e ultimamente por novos medios, como a internet, de tal modo que na actualidade pode dicirse que o noso coñecemento do territorio é fundamentalmente indirecto. Non podemos tocar nin sentir o que vemos. Mesmo, cando viaxamos fisicamente a un lugar, non somos capaces –nin probabelmente queremos- desprendernos da idea previa ofrecida polo cine, a televisión ou a fotografía. Neste proxecto pretendemos recuperar a vivencia da expedición. Decidimos percorrer os ríos, achegarnos ao descoñecido dende o que a nós nos resulta máis familiar, o mar. Subir a corrente ata onde nos sexa posíbel para así botarlle un pulso amigábel: de ti a ti. Como non facelo no “país dos mil ríos”? Navegamos nunha piragua amarela de tres metros e medio que nos deixa o corpo amolado aos 20 minutos e que o adormece ás dúas horas, mais que tamén nos permite enfrontar a viaxe cun punto de vista moi próximo á auga, no seu mesmo plano. Cando decidimos iniciar o proxecto só pensabamos na experiencia. Máis tarde, foi xurdindo o interese por rexistrar os percorridos e por investigar as posibilidades que se poderían derivar deses rexistros. Empezamos por usar o GPS, un magnífico instrumento para o debuxo. Non podíamos renunciar ás posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías. Como non reparar neses trazos que lembran os primeiros debuxos da infancia? Cando levabamos realizadas unhas cantas navegacións, sentimos a necesidade de plasmar a insólita percepción que dende o río se ten do territorio e empezamos a fotografar. O percorrido remata configurando as súas representacións. Esta é a nosa experiencia e a nosa visión, a que agora queremos compartir con vos.