Miniaturas De Eugenio Granell.Musica Revelada (2 T

Autor:
Alejandro Vargas
Editorial:
Pai Edicions, S.L.
ISBN
9788494059803
Idioma
Español
Formato
Rústica
30,00€

Sinopse "Miniaturas de Eugenio Granell: música revelada" é o título do proxecto que pechará o ano no que se conmemora o nacemento do xenial pintor. Aproveitando esta efeméride, aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, saca á luz os apuntamentos que Eugenio Granell deixou anotados no seu caderno de partituras inédito publicando un libro coa transcrición das melodías e notas e un estudo sobre a dimensión musical do autor. A partir destes apuntamentos musicais orixinais de Granell, aCentral Folque encargoulle un traballo de novas composicións ao pianista cubano Alejandro Vargas. O resultado son 10 temas que conservan a forte inspiración galega dos orixinais de Granell e suman a creatividade de Vargas coa linguaxe de jazz. O formato da banda base é un cuarteto (piano, contrabaixo, batería e voz) ao que se suman 3 colaboradores (viola, zanfona e gaita). Eugenio Granell, artista galego e universal coñecido pola súa obra plástica e surrealista era tamén músico e chegou a ser un reputado intérprete (1º violino da Sinfónica de Santo Domingo) e coñecedor da linguaxe musical clásica, e un crítico musical. Nos seus escritos, ademais da importancia que el lle concedía á música (asegura que o día máis feliz da súa vida foi aquel no que os seus proxenitores accederon a que fose músico), escribe sobre a a sorpresa que lle produce o feito de que o surrealismo tivese carecido do sentido da música