Miradas, Ausencias

Autor:
Fernando Rodríguez Gómez
Editorial:
Francka Editora
ISBN
9788493257569
Idioma
Nº de páginas
76
Formato
Rústica
8,00€

Sinopse Esta poesía ofrécenos unha visión sorprendente da realidade. Prescindindo de toda retórica, Fernando Rodríguez Gómez ocúpase de escenas cotiás e descobre verdades diferentes nas que se insiren. Ou presenta a banalidade detrás das fachadas suntuosas e dos grandes conceptos. Ou traza con palabras a sombra daquilo que non se pode dicir. O resultado son poemas medidos e concisos, escritos cunha linguaxe real, que respectan o que expresan e renden homenaxe á súa referencia fundamental: o ser humano. O xurado que galardoou "miradas ausencias" de Fernando Rodríguez estivo composto por Antón Fortes, Emilio Insua, Isidro Novo, Xoán Neira e Rosario Basanta. Segundo Antón Fortes, nesta obra epigramática hai unha "ácida crítica á xustiza, á explotación infantil, aos gobernantes" ao tempo que é solidaria e profunda