Mirequelledigo:cronicas Dun Filosofo Tabernari

Autor:
Manoel Da Costa As Meigas De Lupa A. Rojo/L. Fabregat
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A. Editorial Casals, S.A. Editorial Debate Meubook
ISBN
9788494653797
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
234
Formato
Rústica
16,00€

Mire que lle digo don Manoel! Quero mandar hoxe o meu parabén mas especial a ese amigo seu, e meu por suposto, que ten nome de arcanxo. Se a miña memoria non me fai traizón dediqueille, fai dous ou tres anos aquela gabanza da defensa do galego nos nenos, que vostede publicou para darlle os do pasado ano aproveitándose da miña voz. Aínda que, ben mirado, o meu querido don Miguel está presente, dun xeito ou outro, en moitas das nosas conversas. Nas que falan da amizade e da procura da felicidade; nas que se refiren á literatura en xeral e da poesía en particular; nas que se recollen as mais brillantes luces e as mais negras sombras da nosa historia recente. E, como non podía ser doutro xeito nunha persoa que conserva tan vivo o tesouro da súa nenez, de xeito especial nas dos xogos populares que tanto lle gustaron. E mire que lle digo don Manoel! Tamén quero que, ademais de darlle tamén os meus parabéns polo seu aniversario, agradecerlle o poema que cedeu para o libro e todo o que fixo para axudarlle a conseguir que a miña voz e a miña palabra foran menos efémeras, lle diga que o quero, e que para o meu espírito é coma o neto que nunca puiden ter.