Mocidade Sen Deus

Autor:
Ödön Von Horváth
Editorial:
Irmás Cartoné
ISBN
9788494541155
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
209
Formato
Rústica
15,75€

Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön von Horváth —e que lle custaría o exilio—. Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, Mocidade sen deus ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.