Morador Da Fenda, O

Autor:
Roberto A. Rodrigues
Editorial:
Contos Estraños Editora
ISBN
9788493971243
Idioma
Nº de páginas
301
Formato
Rústica
16,00€

A vida é unha onda diminuta nos océanos do tempo. As obras se consomen rapidamente como faíscas fuxidías dunha feble fogueira. As xentes nacen e morren, veñen e van, por sobrevivir sucan a terra e erguen cidades, abren camiños, enxendran descendencia para logo perderse mansamente no horizonte como simples sombras. Só permanecen os mitos, as grandes fazañas, os seres extraordinarios. Só estes serán cantados polos trobadores futuros, estrañados polos poetas, imitados polos mozos. Só estes permanecerán, impasibles como rochas, no recordo das xeracións. Só estes poderán dicir que realmente viviron. "E chegou aquel aciago día no que a terra tremeu. Unha fenda abriuse de norte a sur, amosándolle o noso mundo a funesta ameaza que se agochaba soterrada nas profundidades das Terras de Alén do Muro, naquel deserto esquecido pola compaixón dos deuses ao que as xentes piadosas chamaban o Ermo. Aquela fenda abriu un abismo insondábel do que emanou a Esencia Escura, unha pútrida e pestilente substancia que deu forma á máis ...