Mortes con argumento

Autor
Henrique Dacosta
Editorial
Belagua Ediciones Y Comunicación, S.L.
ISBN
9788412963762
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
364
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
Peso
450 gr
Dimensiones
210 x 140 x 20 cm
23,00€

Un parque eólico nos arredores da lendaria Pena Molexa. Un escritor frustrado. Un apaixonado etnógrafo. Un pescador vingativo. E dous cadáveres: un semella resultado dun ataque terrorista; o outro, vítima dun accidente. A inspectora Iria Arnoso e o seu homólogo vigués, Félix Couñago, investigarán o acontecido nunha poboación mariñeira que non deixa de esconder segredos. Tras os seus libros de relatos Á deriva e O estraño caso da bicicleta amarela, Henrique Dacosta sorpréndenos agora cun thriller policial que mantén o suspense de xeito brillante. Levados polo seu proverbial dominio da linguaxe e o seu empeño propio en manter vivas as expresións da zona, percorremos a admirable paisaxe de Ferrolterra onde o autor teima en situar as súas obras. Mortes con arguemnto é unha excitante novela que mergulla o lector nun xogo sen fin onde descubrirá que todos os personaxes teñen algo que ocultar. E ti? Matarías pola túa causa ? Encubrirías o crime dun amigo ?