Mr.Gwyn

Autor:
Alessandro Baricco
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498654684
Idioma
Gallego
Nº de páginas
188
Formato
Rústica
17,70€

Jasper Gwyn é escritor, reside en Londres e non hai dúbida ningunha de que se trata dun home que ama a vida. Así e todo, está a piques de deixar de escribir; mais a súa non é a crise que afecta os escritores sen inspiración. Quere cambiar de perspectiva, chegar á cerna das cousas. A súa cómplice é unha rapaza que, con devoción apaixonada, rexistra o que pouco a pouco se acaba por converter no misterio de Mr Gwyn. Alessandro Baricco penetra con paso seguro na simetría secreta desta historia, unha fábula contemporánea sobre a ineludible necesidade de vivir sen prescindir do asombro. Unha novela que, coma un haiku, nos sitúa perante o inenarrable.