Muller Inmigrante, Língua E Sociedade

Autor:
Laura Rodríguez Salgado/Iria Vázquez Silva
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491510567
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
241
Formato
Rústica
18,50€

Esta obra quere contribuír a mobilizar un debate necesario na sociedade galega contemporánea: a integración social, lingüística e cultural das mulleres inmigrantes. As investigacións presentadas neste libro adoptan a perspectiva de xénero para procurar significacións novas e identificar novas subxectividades con relación aos movementos migratorios. O estudo das traxectorias migratorias das mulleres deriva na constatación das desigualdades que singularizan o feito de ser inmigrante, traballadora e muller. O obxectivo principal do volume é achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas no noso país, co fin e comprender as particularidades dos seus procesos de integración na sociedade galega, tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüística de orixe. Este libro, de autoría colectiva, pretende ser unha contribución aos estudos sociolingüísticos da inmigración e de xénero, reunindo distintas especialistas no eido das migracións en Galicia.