Mulleres Bravas Da Nosa Historia María Victoria Moreno

Autor:
Eli Ríos Eva Agra
Editorial:
Edizer Scp
ISBN
9788416121632
Idioma
Publicado
2016
Nº de páginas
32
Formato
Rústica
10,00€

Estoy ocupado escribiendo mis entradas de blog. Presta atención a este espacio. Mulleres bravas da nosa historia: Rosalía de Castro #1, María Victoria Moreno #2 December 20, 2016 Despois de moito tempo agardando un proxecto coma este, e dunha excelente campaña de crowfunding, xa temos a colección de "mulleres bravas da nosa historia" que publica Urco Editora. Este proxecto de biografías de personalidades do mundo da cultura de xénero feminino, e en feminino, chegan moi tarde a nosa sociedade, por desgraza, pero o importante é que chegaron. Curiosamente chegaron polos galegos e, principalmente, as galegas que dixeron basta e comezaron a traballar nesta colección que achega os máis pequenos a figura de mulleres importantes para a cultura galega. A resposta á chamada de colaboración que fixo Urco Editora, foi tan sorprendente como gratificante. Moitos das persoas que contribuístes na campaña de crowfunding, mercando exemplares ou mesmo léndollos ós vosos fill@s, estades axudando a prender esa luz que precisan as novas xeracións para vivir nun mundo igualitario e, esencialmente, humano.