Mulleres que viven xuntas

Autor
Abril Camino
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411107396
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
Colección
Edición Literaria - Narrativa
Dimensiones
230 x 150 cm
18,95€

XLII Premio Xerais de Novela 2025. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración. En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Cun estilo sobrio e cunha magnífica construción das personaxes, que van medrando a través da intercalación de distintos tempos e voces narrativas, «Mulleres que viven xuntas» interpela as lectoras e lectores para reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas. Unha obra conmovedora tecida cos fíos de cores do amor e da paixón, mais tamén con moitas puntadas escuras de frustración.

libros mas destacados (159) , novedades (110)