Musica Para Os Dias De Inverno

Autor:
Pablo Nogueira Campo
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L. Xunta De Galicia*
ISBN
9788484874805
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
14,96€

Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente como o bruar dunha melodía intimista , ergueita dun xeito doce e acre ao tempo . O rexoubo dun soño a pique de esmorecer a esperanza dunha nova vida , secundad polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión , viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nerstas páxinas . A música eríxese coma unha especie de leimotiv que soa de fondo , versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas , chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto , unha música propia do mesmo demo. A deslexitimación do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas , coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial , tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato . A memoria histórica e a dignidade as persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas , son postas en valor a xeito de sentida homenaxe , nunha narración onde a história e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga