Nº Atomico 74

Autor:
Raquel Castro Martinez
Editorial:
Edicións Fervenza
ISBN
9788417094034
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
96
Formato
Rústica
13,00€

O nº atómico 74 correspóndese co volframio, mineral que os alemáns viñeron buscar ás minas de Galicia. Naqueles tempos, nos que aquí había alemáns, e nos de agora, coas minas abandonadas, desenvólvese esta novela na que un rapaz, a piques de entrar na adolescencia, descobre o seu pasado, un pasado que será a chave para poder vivir o futuro. Un contexto histórico real no que se solapan as lendas galegas dos lobishome: “Sete nenas tivo miña tataratataratataravoa, foi o oitavo un home, que naceu un 24 de decembro ás doce da noite e nada máis saír á vida matou a súa nai do susto cando, a malpocada, comprobou que acababa de parir un lobo. Dende aquela acompañounos o fado e así, xeración tras xeración, todos os varóns da familia Fontao somos homes lobo”.