Na cerna da selva

Autor:
Pere Tobaruela/Victor Boullon
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491519331
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
345
Formato
Rústica
13,40€

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.