Nacion Galega Existe Conversas Con Francisco Rodri

Autor:
Xose Mexuto
Editorial:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
ISBN
9788483411056
Idioma
Gallego
Nº de páginas
464
Formato
Rústica
22,00€

Sinopse "A nación galega existe" é, en palabras do seu autor, "un libro dunha sinceridade asoballante", unha compilación de conversas co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, no que "non se contorna nengún asunto, por moi espiñento que fose. Fálase cunha enorme clareza, necesaria tanto do ponto de vista do esclarecemento de feitos como do ponto de vista científico-social". Mexuto explica que, 'dada a vocación do libro de falar do colectivo e do persoal, vimos útil fraccionalo en dúas partes. Unha primeira, autobiográfica, 1945-2005. O movemento persoal e colectivo mesturados. Unha segunda, o retrato do pensamento do autor, Acción e Pensamento, en que se analisan distintas materias moi caras a Francisco: a nación, a globalización, a lingua, a autoorganización das clases populares, o Novo Estatuto que precisamos, a presenza do nacionalismo no Goberno...' O autor conta que elexiu as reflexións de Francisco Rodríguez para esta obra porque a súa figura "é un fío condutor excelente para relatar a reconstrución do nacionalismo de postguerra neste país, para relatar por que se fusionou daquela nacionalismo e marxismo, para relatar a abnegación e o sacrificio na clandestinidade, para relatar a fidelidade ás conviccións e a lealdade en Galiza en condicións muitas veces de risco para a integridade física".