Niklas Luhmann

Autor:
Manuel Torres Cubeiro
Editorial:
Edicions A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A.
ISBN
9788496893726
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
144
Formato
Rústica
4,95€

Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos? Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos? Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais (veteroeuropeas) ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas. Luhmann constrúe a súa teoría porque a tradición, dinos, non describe a sociedade. A formulación tradicional é errónea: é necesario abandonar a ontoloxía da tradición e a súa metafísica. Non hai homes, hai sistemas. A complexidade social contemporánea non se analiza con descricións herdadas das sociedades anteriores. Só desde unha teoría de sistemas complexos é posible facer ciencia da sociedade. Nesta introdución á socioloxía de Luhmann imos explicar o sentido destas afirmacións e a súa coherencia para describir a sociedade na que vivimos. Como a sociedade actual, a teoría de Luhmann é dunha exterma complexidade; a obra de Luhmann é complexa en si mesma. Pero complexidade significa que non existe, nin pode existir unha perspectiva privilexiada para describir a sociedade actual, e isto ten que asumirse na súa radicalidade. Este é un libro de introdución á socioloxía de Luhmann, un autor que mira á sociedade moderna de fronte, ofrecendo unha visión complexa do mundo social contemporáneo. Con esta introdución queremos achegar a súa teoría á sociedade galega, pois