Non Debían Medrar

Autor:
Manuel Lueiro Rey
Editorial:
Calendario Xerais 2014
ISBN
9788491210719
Idioma
Español
Publicado
2016
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
10,00€

Non debían medrar publicouse hai máis de corenta anos. Desde aquela ata esta edición conmemorativa do centenario do nacemento de Lueiro Rey, forma parte deses libros que non perden brillantez, interese nin atractivo malia o paso dos anos. O libro está artellado como unha historia de aprendizaxe e inspiración verista, cruzado polo desamparo e a vontade de reflectir un mundo gris sen esperanzas. A forza da oralidade cobra unha especial relevancia nun libro nucleado polo protagonismo infantil. Lueiro convídanos a asistir á particular descuberta dun universo que, desde o local, goza dunha proxección universal porque amosa un proceso que se converte, aos poucos, nun desafío que cuestiona o concepto de supervivencia. Tampouco se pode esquecer a importancia que se lle outorga a valores como a amizade ou a lealdade nun contexto afogante e sen expectativas como o da posguerra. Unha novela imprescindible para coñecer a traxectoria da voz de Lueiro, pero tamén para a literatura galega.