Nordeste. Premio Repsol 2016

Autor:
Daniel Asorey
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491510116
Idioma
Publicado
2016
Nº de páginas
152
Formato
Rústica
14,50€

No bergantín Leboreiro, volve a unha Compostela poderosa e marítima Carme de Candingas, vedora maior da República das Santas Irmandades da Galiza. Recibira a orde de visitar as colonias que a patria posuía no Nordeste brasileiro. Naqueles territorios arredados debeu comprobar se o goberno da Compañía Galega de Indias concordaba cos principios xurdidos, había máis de douscentos anos, nas revoltas irmandiñas. Moito despois, na década de 1930, Matilda, unha xornalista que traballa en Sao Paulo, viaxa tamén ao Nordeste para informar sobre a máis perigosa banda de cangaceiros, bandoleiros que coa súa presenza talvez están a crebar o autoritarismo que se apodera do goberno do Brasil e do mundo enteiro. Na dureza daquela viaxe coñecerá a Maria Bonita, a máis famosa salteadora do Brasil. A bandoleira, cunha vida fóra das leis ditadas polos homes, presentaralle o sertao desértico, fermoso e implacable. As tres mulleres sentirán o amor, a violencia e a beleza dunha terra castigada e esquecida. As tres compartirán, ao cabo, a difícil e perigosa opción da liberdade.