Nove

Autor:
Maria Lado
Editorial:
Edicións Fervenza
ISBN
9788496368712
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
64
Formato
Rústica
10,00€

así doe novembroasí doen as moas apretadas contra ti, coma un barco,unha traxedia para un pobo,ou o recordo dun membro fantasma. doeporque non te das ido aínda que marcharas,e non hai bálsamos para o baleiro dun amputado.nin sequera doses xustificadas de codeínacontestan as miñas mensaxes.nunca preguntas.por min. nunca preguntas por min.así doe a praia na que nos coñecemos.toda ela cábeme espesa nos petos do abrigoe entérranse as mans entre as cunchiñas, facéndome cortes.sabes que sangro polas mañáns?pequenos cortes invisibles que deixou todo o que vén despois da marea.así doe novembro,e máis.inmenso.onde o mar rompe contra as rochasnovembro doe inmenso.ali é onde máis mancaque non che sexanin sequera un recordo.