Novelino (Vetera)

Autor:
Moisés Barcia
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788493610166
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
114
Formato
Rústica
14,02€

Sinopse Toda obra artística é filla do seu tempo, e no caso concreto da época medieval, os textos literarios tiñan que cumprir coa dualidade horacia¬na de ensinar e divertir conxuntamente. O Novelino como obra literaria medieval responde ben a estas premisas, pois buscaba entreter e divertir, pero sen esquecer a súa faceta didáctica. Cómpre advertir que non se trataba dun didactismo moralista ou relixioso, senón laico e pragmáti¬co. Respondía deste xeito a obra ás expectativas dunha sociedade moi concreta, a sociedade toscana comunal, onde a nova clase emerxente, a burguesía (formada por mercadores, banqueiros, artesáns, etc.), precisaba dunha literatura en vulgar, axeitada á súa visión do mundo, fundamentalmente laica e vitalista, e que, ao mesmo tempo que motivo de diversión e de entretemento, ofrecese pautas de comportamento e modelos de conduta. A nova clase mercantil estimaba a intelixencia e a agudeza verbal á marxe de cuestións morais, era unha sociedade pragmática e tolerante, tal e como se pode observar nalgúns contos onde, por riba de diferenzas culturais e relixiosas, se valoraba a intelixencia práctica, o feito de saber reaccionar a tempo coa palabra xusta, coa resposta aguda e enxeñosa. Estamos ante unha das primeiras obras en prosa elaboradas nun vulgar italiano, concretamente florentino, escrita a finais do século XIII, presumiblemente entre 1281 e 1300