Novoneyra/ Celso Emilio

Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484871804
Idioma
Gallego
Nº de páginas
238
Formato
Rústica
19,00€

Sinopse Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplo propósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, a analizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el; en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xénero ensaístico, nun xogo de ida a volta entre a análise minuciosa e a reflexión sobre o literario; en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que os textos nacen, terefa esta máis premente cando a literatura constituíu e constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción da identidade de Galiza e na súa proxección universal. Por tanto, este traballo querería ser útil para calquera lector interesado na literatura e a cultura contemporáneas, para o investigador ou o especialista e, con certeza, para o profesional do ensino que queira beneficiarse dun traballo con efectiva aplicación á hora de axudar a ler, comprender e facer gozar estes textos aos seus alumnos, no ensino medio ou universitario