O Bebedor De Rakia

Autor:
Xesús Manuel Marcos
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499141992
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
18,50€

Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame, a sucidade, o frío, o alcohol, a crueldade, a brutalidade, a violencia, a morte foron experiencias que abriron en Alberte unha ferida desas que non sollan, a da marca profunda do medo, esa cicatriz pola que supura o suor da carraxe. Des que regresou daquel inferno, Alberte converteuse nun auténtico alieníxena, refractario a todo sentimento; dende entón, lembrar é a súa única manifestación de valentía. A intensidade desta novela memorable, que non ofrece tregua nin concesión ningunha, confirman a Xesús Manuel Marcos como un dos narradores máis potentes do noso tempo.