O Bosque Animado

Autor:
Wenceslao Fernández Flórez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499140216
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
304
Formato
Rústica
14,50€

Sinopse O bosque animado é o grande libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as historias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc… Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas. Nesta novela fantástica latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da fraga de Cecebre, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega. Esta tradución galega dunhas das novelas principais de Fernández Flórez, preparada por Xela Arias e agora completamente actulizada e revisada, constitúe unha invitación afervoada a descubrirmos o ricaz mundo de noso.