O Camiño Da Estadea

Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491210924
Idioma
Formato
Rústica
12,15€

Unha videochamada ía mudar a vida de Said e Sheila para sempre. Levaban semanas sen intercambiar impresións des que Said se instalara en Suíza, onde vivía con Irina e traballaba nun laboratorio de investigación. Os tres amigos foran convidados a participar na inauguración dun gran centro comercial en Bambari, na África Central, o maior complexo do continente, un acontecemento global ao que iría moita xente famosa de diferentes ámbitos. Todo o que pasou logo foi algo raro, que non era o esperado nin remotamente, para unha viaxe de lecer, algo que non lles cadraba e que os obrigará a comprometerse e asumir riscos. O camiño da Estadea é a aventura final de Sheila e Said, culminando a serie futurista de temática ecolóxica iniciada hai dúas décadas con Perigo vexetal, unha saga que xa ten catro entregas anteriores publicadas na colección Merlín de Xerais.