O Canto Da Sibila

Autor:
Rebeca Baceiredo
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498657258
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
92
Formato
Rústica
12,50€

Esta obra invoca a multivocidade agochada nunha subxectividade en transición: o eu da poeta camiña cara á multiplicación de si a través do silencio, con apelacións a unha enunciación que, intencionalmente, se desfai. Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres. Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu.