O Capitán Maimiño

Autor:
Antonio Manuel Fraga Allegue
Editorial:
Editorial Tambre
ISBN
9788490461464
Idioma
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
9,05€

O capitán Maimiño, xefe dos exércitos do rei Pousafoles V, está desesperado. O seu fillo Belleco non quere ser guerreiro coma el, e a súa filla Chinchanamoca prefire enredar polo bosque a ser unha doncela casadeira. Os seus problemas aumentan cando lle cae do corpo a parte da que está máis fachendoso: o maimiño da súa man dereita. Daquela ofrécese a solucionarllo o anano Chuculú, mais ese plan nada ten que ver co que se esperaba del...