O Crepúsculo E As Formigas

Autor:
X.L. Méndez Ferrín Xosé Luis Méndez Ferrín
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497821278
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
17,65€

É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateigada de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escuramente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo, véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresivamente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada. Escrito en 1961 e prologado por Ramón Piñeiro, O crepúsculo e as formigas é un referente imprescindible da literatura galega contemporánea e un dos títulos con que a nosa narrativa se incorporaba á modernidade europea daquel momento. Cun enfoque difuminado, o narrador, coma un distante espectador, vai dando conta dos acontecementos, que xorden como envoltos nunha néboa tráxica. Ao longo dos dez relatos do libro, as persoas son coma formigas e camiñan en fileira, movidas por un tráxico destino. Cualificado en diversas...