O Crime De Psichiko

Autor:
Pavlos Nirvanas
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412600735
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
15,00€

O crime de Psichiko publicouse en forma de folletín en 1928. Malia non responder exactamente ás características do xénero policial tal e como o coñecemos na actualidade, constitúe unha hábil parodia das novelas construídas ao redor dun crime. Pavlos Nirvanas sérvese da trama para satirizar aspectos como o exacerbado sensacionalismo da prensa, o sistema penitenciario, a desidia da policía ou a inxenuidade dunha sociedade acrítica. Corre a década de 1910 cando, no barrio ateniense de Psichiko, aparece o cadáver dunha muller nova con numerosas laceracións producidas por un coitelo. Os xornais axiña se fan eco da nova, pero, co paso dos días, o interese da xente por tan truculenta historia vai esmorecendo sen que as calamitosas indagacións das autoridades consigan descubrir nin a identidade da finada nin a do asasino. Será daquela cando Nikos Molochantis, un mozo acomodado, ocioso e patoloxicamente ávido dunha fama efémera, artimañe un plan de consecuencias imprevisibles: está disposto a inculparse dun crime que non cometeu, arriscándose incluso a morrer na guillotina. O resultado é un relato enxeñoso, cáustico no estilo e de crecente suspense que ademais recrea a atmosfera da capital grega a comezos do século XX, dando conta de diferentes estratos sociais, de aí o seu interese histórico.