O Demo & Eu

Autor:
Alcimar Frazâo
Editorial:
Novovinilo Edicións
ISBN
9788461743292
Idioma
Gallego
Publicado
2017
Nº de páginas
211
Formato
Rústica
13,00€

Un negro de traxe riscado e luído, o chapeu sutilmente ladeado na cabeza,pernas cruzadas,zapatos relucentes, dedos finos que sustentan un acorde na guitarra, os ollos vidrosos e o riso atordado no seu rostro. Así é a figura de Robert Johnson, nunha das poucas fotografías do bluesman norteamericano que se coñecen. Case que ouvimos a voz melancólica cantando O Demo e máis eu camiñabamos xuntos… mentres a guitarra dispara acordes en ritmos aleatorios, marcados polo petar forte do seu pé no sollado, ao mesmo tempo en que o slide esvara polas cordas producindo unha secuencia de agudos, dándonos a nítida sensación de estarmos a ouvir tocar un grupo enteiro. Imposible disociar a imaxe do mito. Me and the Devil Blues é unha das cancións que axudaron a perpetuar a historia do home que vendeu a alma ao demo en troco de fama.